Eiras é unha aldea ourensá no concello do San Amaro, distante menos de dous quilómetros de San Cibrao das Las, onde está unha das citanias máis espectaculares do noroeste peninsular. En Eiras apareceu unha ara romana adicada a Bandua, peza importantísima, que foi vítima de interpretacións diverxentes do seu epígrafe.
A ara, labrada en granito e de propiedade privada, constitúe unha peza de grande importancia para o estudo da sociedade e da relixión no mundo romanizado da península ibérica.