Presentación

A cidade castrexa ou citania de LÁMBRICA está situada nas parroquias de San Cibrao das Las e Ourantes, entre os concellos ourensáns de San Amaro e Punxín. Estamos a falar do mesmo xacemento coñecido popularmente como "castro de San Cibrán de Las", un dos maiores castros de Galiza, con algo máis de 9 hectáreas de superficie. Reconstruído en época romana, constitúe un paradigma do poboamento da denominada época castrexa do Noroeste peninsular, cunha perfecta planificación das súas defensas e unha coidada distribución dos seus barrios. Posúe fontes de auga para abastecer á poboación e rúas radiais. Dúas delas, enlousadas, comunican as entradas oriental e occidental da citania coas respectivas portas do recinto central.

Castro, deriva do latín e significa castelo, fortificación, pero pode confundirse cos castra ou campamentos que os romanos establecían nas campañas militares con catro divisións principais derivadas das dúas vías maiores, cardo e decumanus, o primeiro de Norte a Sur e o segundo de Lste a Oeste. Moitos destes castra (plural de castrum) ou campamentos militares darán orixe a non poucas cidades en Occidente.

As fortificacións denominadas castrexas, presentes no mundo occidental dende principios da Idade do Ferro, cara os séculos VIII e VII antes de Cristo, non posúen a disposición regular e ortogonal romana con catro vías principais. Ao contrario, as grandes citanias parecen obedecer a unha disposición radial das súas rúas.

O topónimo castro, moitas veces tamén microtopónimo, está estendidísimo, pero só é romano o nome. Os establecementos defensivos dos pobos do Noroeste da Península Ibérica son anteriores á chegada dos romanos, que, ao igual que impoñen o seu idioma e a súa relixión, dán tamén nome ás fortificacións que atopan, que pouco teñen que ver coas súas en canto á súa morfoloxía.

As nosas citanias xa existían antes de Roma, adquirindo máis relevancia no contexto da defensa da invasión. Pero nalgunhas chegaron a establecerse pactos ou acordos cos romanos, convivindo e incluso aliándose con eles, pero as élites romanas, axudadas polas indíxenas partidarias da romanización, aprópianse dos recursos económicos das zonas conquistadas, aínda que as citanias, as que non se destrúen, seguen utilizándose coa súa disposición tradicional. 

Os habitantes dos arredores de Lámbrica coñecen o xacemento co nome de A Cidade. O nome de Lámbrica está nunha ara romana adicada a Bandua, que foi atopada nun lugar con restos de poboamento romano: a aldea de Eiras, a pouco máis dun quilómetro da citania de Las e Ourantes. Esta ara tivo lecturas diverxentes, nas que se estaba de acordo en que a verba que acompañaba ó nome da divindade daba información sobre o topónimo castrexo. 

Este topónimo considerouse *Lansbrica ou *Lansbriga, xustificándose, penso que equivocadamente, con el a orixe do topónimo moderno Las. Outros topónimos que se chegaron a ver son *Lanobriga e *Alaniobriga

Ningún deles contén o M que se sinala na fotografía. As incribles diverxencias na súa lectura derivaron, ademais da propia erosión da pedra, da inaccesibilidade da mesma ós investigadores que, máis dunha vez, tiveron que conformarse con ver fotografías ou, mesmo, cunha copia de xeso que existía no Museo Arqueolóxico provincial. 

As visitas feitas á ara en xuño de 2007 e as fotografías realizadas non serviron para corroborar ningunha das lecturas anteriores. O que alí se le é BANDV / R? LAMB / RICAE... Bandua con referencia a Lámbrica ou, se queremos, Cidade Forte de Lam.

O Centro de Interpretación de San Cibrán das Las, promovido polas autoridades culturais autonómicas e municipais, leva o nome de Lansbrica. Non é una boa nova para a Arqueoloxía, moito menos dende un centro que tenta divulgar o coñecemento que temos das sociedades castrexas, pero podemos entendelo mellor se pensamos que procede das actuacións das mesmas autoridades culturais que permitiron o valado dun monte comunal, para poder cobrar entrada, e que teñen no máis ignoto esquecemento o documento epigráfico protagonista desta historia de topónimos: a ara de Bandua de Eiras

Ademais da reivindicación do nome de LÁMBRICA, a presente páxina procura deixar constancia de que un castro ou citania de tal magnitude non pode xurdir sen interrelación co espazo circundante. De aí o nome da páxina: Existen, nun radio de poucos quilómetros arredor de Lámbrica, vestixios de enorme importancia que a arqueoloxía oficial ignora e que -dunha forma ou doutra- formaron parte dese universo da prehistoria e da protohistoria local que presidía a citania. A situación é tan alarmante que algúns eles corren serio perigo de desaparecer, caso excesivamente curioso naqueles que só se atopan a uns poucos centos de metros da propia Lámbrica, custodiada por unha empresa privada.

*** *** ***

 

 

La "citania" o ciudad castreña de LÁMBRICA, situada en las parroquias orensanas de San Cibrao das Las y de Ourantes, entre los ayuntamientos de San Amaro y Punxín, es uno de los mayores castros de Galicia, con algo más de 9 hectáreas de superficie. Se trata de una ciudad fortificada, conocida popularmente como "castro de San Cibrán de Las", reconstruida aproximadamente en época romana y considerada como paradigma del poblamiento de la denominada cultura castreña del Noroeste peninsular.

Castro es una palabra procedente del latín y significa castillo, fortificación, pero puede confundirse con los castra o campamentos que los romanos establecían en las campañas militares con cuatro divisiones principales derivadas de las dos vías mayores, el cardo y el decumanus, el primero de Norte a Sur y el segundo de Este a Oeste. Muchos de estos castra (plural de castrum) o campamentos militares darán origen a no pocas ciudades en Occidente.

Las fortificaciones castreñas, presentes en el mundo occidental desde principios de la Edad del Hierro, hacia los siglos VIII y VII antes de Cristo, no poseen la disposición regular y ortogonal romana con cuatro vías principales. Al contrario, las grandes citanias parecen obedecer a una disposición radial de sus calles.

El topónimo castro está extendidísimo, muchas veces también microtopónimo, pero sólo es romano el nombre. Los establecimientos defensivos de los pueblos del Noroeste de la Península Ibérica son anteriores a la llegada de Roma, que, al igual que impone su idioma y su religión, da también nombre a las fortificaciones que encuentran, que poco tenían que ver con las suyas en cuanto a su morfología.

Nuestras citanias ya existían antes de Roma, adquiriendo más relevancia en el contexto de la defensa de la invasión. En algunas se establecieron pactos o acuerdos con los romanos, conviviendo e incluso aliándose con ellos, pero las élites romanas, en coalición con las indígenas que asumían la romanización, se apropiaron de los recursos económicos de las zonas conquistadas y los explotaron en su beneficio, aunque las citanias, las que no fueron destruidas, sigan utilizándose con su disposición tradicional.

La Citania de Lámbrica destaca por la perfecta planificación en la disposición de sus defensas y en la distribución de sus barrios, con calles radiales, y posee, al menos, dos fuentes de agua para abastecer a la población. 

Dos de las calles radiales parten, respectivamente, de las puertas oriental y occidental de la citania, comunicando el exterior con las respectivas puertas del recinto central.

Los habitantes de los alrededores denominan al yacimiento como A Cidade (Ciudad). El nombre de Lámbrica procede de un ara dedicada a la deidad prerromana Bandua, encontrada en un lugar con restos de poblamiento romano: la aldea de Eiras, a poco más de un kilómetro del castro de Las y Ourantes. Esta curiosa ara ha tenido lecturas divergentes, en las que se estaba de acuerdo en que la palabra que acompañaba al nombre de la divinidad daba información del topónimo del castro. 

Este topónimo se consideró *Lansbrica o *Lansbriga, justificándose, creo que equivocadamente, con él el topónimo moderno Las. Otros topónimos que se han tratado de justificar con las diversas lecturas del epígrafe son *Lanobriga y *Alaniobriga, pero ninguno de ellos contiene la letra M señalada en la fotografía. 

Las dificultades para su correcta lectura, derivaron, además de la propia erosión de la pieza, de su inaccesibilidad para los investigadores, debiendo recurrir para su estudio a fotografías e, incluso, a una copia de yeso que había en el Museo Arqueológico de Ourense.

Las visitas hechas al ara en junio de 2007 y las fotografías realizadas no permitieron corroborar ninguna de las lecturas anteriores. Lo que allí se leyó fue BANDV / R? LAMB / RICAE... Bandua con referencia a Lámbrica o Ciudad Fuerte de Lam.

El Centro de Interpretación de San Cibrán de Las lleva el nombre de Lansbrica, lo que no constituye una buena noticia para la Arqueología, y mucho menos desde un centro encargado de divulgar el conocimiento que tenemos de las sociedades castreñas. Dicho centro ha sido promovido por las mismas autoridades culturales que permitieron el vallado del castro, para poder cobrar entrada, y que mantienen en el más profundo de los abandonos al epígrafe protagonista del nombre de la citania: el ara de Bandua de Eiras.

Además de la reivindicación del topónimo, la intención de la presente página es mostrar una serie de vestigios arqueológicos que circundan, en un radio de unos pocos kilómetros, el yacimiento de San Cibrao das Las, habitualmente ignorados por las autoridades culturales y abandonados a su suerte. Alrededor de Lámbrica hay un rico territorio que presenta vestigios de actividades coetáneas y complementarias a las que se desarrollaron dentro de los muros de la famosa citania