Do Paleolítico á Idade do Bronce nos arredores de Lámbrica

03.12.2016 12:17

 

Castellanoparlantes

                          

A citania de Lámbrica, coñecida nas publicacións como Castro de San Cibrao (ou Cibrán) de Lás, constitúe o centro, capital ou referente dun territorio explotado desde moi antigo. Esa explotación estaba baseada nos recursos mineiros da contorna (estaño, ferro e ouro), pero non se produce só nas inmediacións do castro, podendo verse  evidencias nun radio de entre 6 e 8 quilómetros, ocupando parte do territorio das actuais comarcas do Carballiño, do Ribeiro e de Ourense, na provincia deste mesmo nome. Os pobos mediterráneos, a través do sur da Península, exercían un continuo mercadeo de produtos estratéxicos coma o estaño -imprescindible para fabricar o bronce- ou de prestixio, coma o ouro.

 

A citania actual é froito dunha planificación e reconstrución de finais da Idade do Ferro, moi cercana á romanización e, incluso, unha vez producida ésta. Pero é indudable que no actual solar do castro houbo presenza do home en épocas máis primixenias. A poucos metros da muralla occidental atopáronse restos do Paleolítico Medio e do Paleolítico Superior que coñecemos a traverso do traballo publicado por ROSA VILLAR  QUINTEIRO. Esta autora sostén que a industria lítica de A Chaira está realizada "sobre cuarcitas en forma de nódulos de canto rodado, cuya procedencia  más próxima sería el río Miño" (...) e que "presenta un mínimo aspecto de desgaste por rodamiento, pues como mucho la distancia máxima  que han podido recorrer es la que media dede la cima, donde se emplaza el castro, a su localización actual y que aproximadamente es de unos 200 m. (...)." Segundo ROSA VILLAR, "la composición tipológica nos señala una industria dominada por el utillaje sobre lasca en el que los denticulados dominan  sobre las raederas pero sobre ambos, aparece el utillaje propio del Paleolítico Superior con una frecuencia mayor, en el que se encuentran raspadores,  toscos buriles, claros perforadores, además de piezas con retoque abrupto y escasos cuchillos de dorso, siempre atípicos". En total, "se han  contabilizado 475 efectivos, sin tener en cuenta diversos cantos rodados y fragmentos de estos, algunos de los cuales pudieron haber desempeñado una  función de percutor en la cadena operativa, a juzgar por las zonas de alteración que presentan."

Os restos do Paleolítico nos arredores son bastante frecuentes, aínda que pouco valorados. Destacan achádegos nos Chaos de Amoeiro, nas terrazas do  río Arenteiro en Seoane (O Carballiño) ou en Toén, tamén en Ourense.

 

Na parte Sur da actual citania de Lámbrica, tamén fóra das súas murallas, pero a poucas decenas de metros, atopamos unha mámoa, montículo que contivo un pequeño dolmen, cista ou cámara funeraria, construcións cuxa cronoloxía pode abarcar dende finais do Neolítico ata a Idade do Bronce. En concreto, estamos ante unha mámoa de pequeno tamaño, erixida por xentes que andiveron por istes lugares algúns milenios antes de que os poboadores das Idades de Ferro e os posteriores romanizadores se afanaran en fortificar unha citania. Outras construcións deste tipo, mámoas, medorras, medelas… foron achadas por toda a comarca. Moitas delas sucumbiron ante a fereza das obras de maquinaria pesada, as violacións dos buscadores de tesouros e o esquecemento xeralizado da poboación que, aínda así, mantivo na memoria colectiva lendas que tratan de inmortalizar estes máxicos lugares, xa sin sentido para as "avanzadas" civilizacións do século XXI. 

Ás veces, máis que lendas, son meras descricións de actividades que se facían nese lugar, como a do monte da Ermida, en Eiras, onde a tradición oral afirma que “alí se enterraban os mouros”. Esta mámoa da Ermida de Eiras está moi cerca dunha peneda con petroglifos circulares.

 

En outubro de 2014 foi atopada, entre Eiras e Vilarderrei (concellos de San Amaro e Cenlle, respectivamente) unha peza en canto rodado de río, de bo tamaño, de factura paleolítica ou epipaleolítica, pero que non pode datarse porque o seu achado foi casual, na beira dun camiño e ó lado dunhas viñas tras unha invernía. No lugar non existen cantos rodados deste tipo, polo que debemos supoñer que foi traído do río Miño, a uns tres quilómetros en liña recta. Hai menos de tres quilómetros a Lámbrica, visible dende o lugar do achado, e 1,3 quilómetros ós petroglifos da Ermida. As coordenadas do lugar son as seguintes: 42°21'16.18"N; 8° 3'46.42"O. 

Maximino Álvarez, alcalde do Carballiño a principios do século XX, depositou no Museo Provincial de Ourense unha machada de bronce das denominadas “de talón e aneis”, procedente dunha carballeira da parroquia de Vilar de Rei (Cenlle). É típica da Idade do Bronce e parece que formaba parte dun depósito con outras pezas similares. É un misterio o lugar concreto do achádego, así como tamén o é o paradeiro das outras pezas.

A presenza deste tipo de restos suxírenos un poboamento continuado nos arredores de Lámbrica dende o Paleolítico, sendo a fortificación castrexa de Las un simple episodio no tempo. É decir, non poderíamos entender a citania de Las (Lámbrica, na inscrición da ara de Eiras) sen a previa existencia dunha zona poboada e rica en recursos agropecuarios e mineiros que ocasionarían unha acumulación de riquezas e unha diferenciación social que obrigaría a certos grupos a fortificarse, ben fose por amenazas dentro do propio territorio ou por perigos externos que aparecesen en momentos puntuais, xa na Idade do Ferro e, tamén, durante a romanización.

 

 

Canto rodado atopado, casualmente e sen contexto arqueolóxico, no interior da parede derrubada dun muíño na Fareixa, entre os concellos de San Amaro e Cenlle, non moi lonxe da fervenza. A Fareixa está a menos de 1000 metros da mámoa e dos petroglifos da Ermida e 3,5 quilómetros de Lámbrica.

Polo anverso parece ter modificacións antrópicas para dar a sensación de rostro humán, con ollos e boca. No reverso ten transversalmente, máis ou menos na súa parte central, sinais de haber sido utilizada como alisador ou pulidor dalgún instrumento metálico. 

Estamos ante un artefacto ou instrumento que se podería encadrar entre o Neolítico e a Idade do Bronce, con finalidades prácticas pero tamén con carácter apotropaico ou de protección. Esta última finalidade puido tamén estar presente entre os construtores da parede do muíño, probablemente na Idade Media, cando o depositaron coidadosamente no interior do muro.

 

Anverso e parte lateral esquerda

 

Inicio