Petroglifos en Lámbrica

En setembro de 2016 foron atopados petroglifos na citania de Ourantes e San Cibrao das Las (Ourense). Estas fotografías e as súas interpretacións pretenden mostrar a riqueza patrimonial esquecida e maltratada entre toxos,xestas e piñeiros. Nin xiquera se salvan naqueles lugares onde existe un "centro de interpretación" que debería velar pola protección, investigación e difusión adecuada dese patrimonio. Poderíamos estar ante un novedoso e alucinante capítulo da arte rupestre ibérica e ourensá.

Na fotografía inferior vemos un perfil trazado nunha pedra na citania. Na imaxe que está enrriba dela vemos a asomprosa coincidencia co perfil do monte do Santrocado, tamén visto desde Lámbrica. Representación territorial? Que significaba o Santrocado para os habitantes do castro de Lámbrica? Maior altura da contorna (coas connotacións relixiosas que pode ter), vixiancia do val do Miño que está na ladeira oposta do Santrocado... poden ser algunhas das respostas.